Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν.



lunes, 19 de septiembre de 2011

Benvidos a un novo curso!

Aqui estamos de novo dispostos a comezar outro curso máis. Este ano utilizaremos bastante este blog, polo tanto teredes que vos anotar desde o primeiro día para así poder participar e non perder o fío da materia. Ademais este curso estreamos unha sección que ides levar vós, na que falaremos de literatura e historia da antiga Grecia; o nome desta sección déixovolo a vós, ide pensando...
Outra ferramenta que imos usar este curso é a aula virtual do Instituto que nos servirá para propor exercicios e correxilos. A continuación tedes os pasos que hai que seguir para inscribirse na aula virtual de Grego.
Estas son as novidades. Espero que vos sexan útiles e que saibamos sacarlles todo o proveito que teñen.