Hoxe tócalle o turno as xoias, en concreto aos aneis. Cal vos gusta mais?
A min me vale calquera, pero tal vez elixiría a 12.
Hoxe tócalle o turno as xoias, en concreto aos aneis. Cal vos gusta mais?
A min me vale calquera, pero tal vez elixiría a 12.
Comezamos coas inscricions.
Quen é capaz de ler algunha palabra grega? As tres primeiras son moi fáciles. A última xa é outra cousa, non si?
PROGRAMACIÓN VALORES ÉTICOS
En Valores éticos están co proxecto Musse e, aínda que ti tes que estar tamén con eles, María se encarga de traballar o tema de "Cine e valores". As clases están sendo no salón de actos. Cando termine (creo que lle quedan 3 xoves) podes dar con eles o que queiras. Como orientación déixoche o libro de texto que eu usei.
PROGRAMACIÓN ITI
LER EN CLASE CON ELES O DOCUMENTO:
"A información en internet" e ir facendo na aula os exercicios.
Está no tema 2, é o documento 1
Aínda que o documento está na AV é mellor dárllelo en papel a todos.
PROGRAMACIÓN CUCA 3º e 4º
1- A vida cotiá en Grecia e Roma (material e exercicios na AV. Fichas concurso)
2- Ocio e espectáculos en Grecia e Roma (material e exercicios na AV. Fichas concurso)
3- Expoñer un día á semana un deus
Facer despois de cada exposición o cuestionario dese deus
4- Acabar de expoñer os personaxes gregos e romanos.
Na Aula virtual tes os deuses e personaxes que vimos e os que faltan
PROGRAMACIÓN 2º BAC (do 11 de abril ao 12 de maio)
1: TEXTOS
Traducir textos Anábasis: 9-10-11-12-13-14-15-16-17
Traducir textos Helénicas: 21-22-23-24
Traducir texto Ciropedia: 25
2: HELENISMOS
Acabar todos os helenismos que faltan
3: A COMEDIA
Ler en clase "A asemblea de mulleres" de Aristófanes
NOTA:
O martes 11 de abril teñen que entregar un resumo da "Guerra do Peloponeso".
Deixo en Xefatura de Estudos 1 exemplar da comedia (as alumnas xa o teñen)
Deixo en Xefatura de Estudos unha copia para ti dos helenismos que entran en ABAU (as alumnas xa os teñen)
Déixoche tamén separados dous libros: Tradución de Helénicas e Anábasis da editorial Gredos.
É moi importante facer todos os textos que se poidan da selecta de ABAU.
O exame final ha de seguir o modelo de ABAU.
PROGRAMACIÓN 1º BAC (do 11 de abril ao 12 de maio)
1: CULTURA UNIDADE 5
-O deporte na Grecia antiga e o deus Hermes (Presentación en PP neste blog)
-Os Xogos Olímpicos (Presentación en PP neste blog)
-A relixión e o deus Apolo (Presentación en PP neste blog)
-O oráculo de Delfos
2: GRAMÁTICA UNIDADE 6
-Os temas en sonante: líquida e nasal
-Os determinantes-pronomes indefinidos
-Os determinantes-pronomes interrogativos
-Os numerais
-O xenitivo partitivo
-Preposicions III
Seguir o libro de texto
En aladas palabras hai unha presentación sobre o deus Hermes, o deus Apolo e Os Xogos Olímpicos