Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν.



jueves, 10 de marzo de 2011

Modelo de exame selectividade

Este é o exame que caeu na selectividade no ano 2008.


I .- TRADUCIÓN (Puntuación máxima: sete puntos)
OS LACEDEMONIOS RECIBEN UNS EMBAIXADORES

Ἐξ Ἀκάνθου δὲ καὶ Ἀπολλωνίας, αἵπερ μέγισται ἧσαν τῶν περὶ Ὄλυνθον πόλεων, πρέσβεις ἀφίκοντο εἰς Λακεδαίμονα. ἀκούσαντες δ᾿ οἱ ἔφοροι τὰ πράγματα ὧν ἕνεκα ἧκον, προσήγαγον αὐτοὺς πρὸς τὴν ἐκκλησίαν καὶ τοὺς συμμάχους.

NOTAS. 1. Ἄκανθος, Acanto (cidade), Ἀπολλωνία, Apolonia (cidade), Ὄλυνθος, Olinto (cidade), Λακεδαίμων, Lacedemonia (ou Esparta). 2. προσήγαγον, aoristo de προσάγω.

II.- Contestar a DÚAS destas catro PREGUNTAS
1. Análise morfolóxica de ἀκούσαντες.
2. Obras de Xenofonte.
3. De que guerra fixo Historia Xenofonte?
4. Cite e explique algúns exemplos de vocabulario actual relacionados con πρέσβεις embaixador, persoa de idade, vello’ e con ἀκούω ‘oír, escoitar’.

ΙΙΙ.- Contestar obrigatoriamente a UNHA destas dúas PREGUNTAS:
1. Que dous mundos subxacen n´A Ilíada?.
2. Características da poesía lírica.

Por certo, non esquezades ἐπῄνουν. Quedou sen corrixir e pode ser todo un desafío. Quen se atreve? Ánimo que non é tan difícil. Ah! Hai que explicar a forma.