Textos que hai que gravar para OS XOGOS OLÍMPICOS ANTIGOS (curso 1º C)
ANA: tempo que dura a diapositiva 22 segundos
SABÍAS QUE
competían espidos como símbolo de
perfección e dedicación?
Que o primeiro campeón da historia
foi un cociñeiro de profesión, chamado KOREBO?
Que só as mulleres solteiras podían
asistir aos xogos, e que a pena para unha muller casada que observase aos
atletas en acción era a morte?
LUÍS tempo 25´´
SABÍAS QUE
para participar nos xogos era
imprescindible ser grego ata que os romanos conquistaron Grecia e rematou esa
norma?
Un atleta mudo detectou unha trampa
no sorteo e, ante a sorpresa xeral, berrou alto e claro o nome de quen fixera
esa trampa? A partir de entón falou con
soltura o resto da súa vida.
LUCÍA tempo 31´´
SABÍAS QUE
Milón de Crotona, famoso atleta xa
vello e retirado das competicións, quixo probar as súas forzas tratando de
abrir coas mans unha árbore que tiña unha brecha no medio do tronco, e cando xa
pensou que o lograra, deixou de facer forza coas mans, a árbore volveu ao seu e
quedou preso nela? Deste xeito tan absurdo, acabou a súa vida sendo presa das
feras.
DIEGO tempo 19´´
SABÍAS QUE
os tres fillos atletas dun home
resultaron gañadores o mesmo día e que, abrazados ao pai, puxeron as súas
coroas na súa cabeza? En pleno estadio, entre tanta ledicia, o pai morreu de
repente.
SILVIA tempo 20+25´´
SABÍAS QUE
o excéntrico emperador romano Nerón
sentía unha enfermiza atracción polos certames de poesía, de canto e música… e
non quixo deixar de saborear o triunfo nas probas atléticas dos xogos
olímpicos? (20´´)
Por iso decidiu participar nas
carreiras de carros, conducindo un carro de 10 cabalos. Tivo un percance que
case lle custa a vida, ao caer do carro, pero quixo continuar e, malia non rematar con éxito a carreira,
ninguén se atreveu a negarlle a corona de atleta vencedor en Olimpia (25´´)
No hay comentarios:
Publicar un comentario