Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν.



jueves, 27 de junio de 2013

Despedida

Noraboa aos alumnos de 2º polas NOTAZAS obtidas na Selectividade, moi especialmente en GREGO. Síntome orgullosa de todos vós.    Espero que non vos esquezades dos vellos profesores que seguiremos estando no Instituto á espera das vosas visitas para que nos contedes cómo vos vai. Un saúdo afectuoso a todos e MOITA SORTE!
Noraboa tamén aos alumnos de 1º que aprobastes, e os que suspendestes podedes comentar neste blog as dúbidas que vos xordan nestes dous meses. Tede paciencia se tardo en contestar, conectaréime cada dez días.
Καλές διακοπές! 

martes, 18 de junio de 2013

Os Xogos Olímpicos

10- Unha coroa de oliveira, unha folla de palama e unha banda branca para cinguir na fronte.
11- Co nome do gañador na carreira
12- Non
13- Uns xogos exclusivos de mulleres. Unha coroa de oliveira e unha parte da res sacrificada a Hera
14- Si. Non
15- Calquera cidadán grego libre e sen mancha de crime.
16- dez meses na súa cidade e un mes intensivo en Élide
17- O emperador teodosio no ano 393 d.C. 
18- Quince séculos
19- 1896
20- Ao Barón Pierre de Coubertin
21- Dúas veces: 1896 e 2004
22- En 1896 en memoria do corredor que a principios do s. V a.C. foi correndo desde Maratón ata Atenas para anunciar a vitoria sobre os persas (batalla de Maratón).
23- En Roma en 1960.
24- Nos X. Olímpicos modernos: 1) participan mulleres. 2) participan atletas de todos os países.
25- "Citius, altius, fortius".
26- A palestra (<παλαíστρα) era o "lugar para a loita", lugar imprescindible de calquera ximnasio, que acabou adquirindo co paso do tempo un papel educativo e social.

lunes, 17 de junio de 2013

Práctica para o exame

τὰ χρήματα: τὸ χρῆμα, χρήματος
αἱ πυραμίδες: ἡ πυραμίς, πυραμίδος
τὸν φύλακα: ὁ φύλαξ, φύλακος
τῶν Ἑλλήνων: ὁ Ἕλλην, Ἕλληνος
τοῖς λεοῦσι: ὁ λέων, λέοντος

ἐπαιδεύθη: 3ª sg. aor. ind. pas. de παιδεύω
ἐφέροντο: 3ªpl.imperf.ind.med-pas- de φέρω
νομίζεσθαι: infin. med-pas. de νομίζω
ἔλυσαν: 3ªpl. aor.ind.act. de λύω
ἀκούεται: 3ªsg. pres.ind.med-pas. de ἀκούω

Τὰ ἱερὰ εἰς τὸ ἱερὸν ὑπὸ τῶν παρθένων φέρεται.
As estatuas son levadas ao templo polas mozas.

Οἱ πολέμιοι, οἳ νυκτὸς ἔλυσαν τὰς σπονδάς, ἐνόμιζον τοὺς φύλακας ἐν ταῖς σκηναῖς οὐκ εἶναι.
Os inimigos, que de noite romperon os pactos, crían que os gardiáns non estaban nas tendas de campaña.

Οἱ Ἕλληνες ἐνόμιζον τὴν σοφίαν πηγὴν εἶναι τῶν καλῶν.
Os gregos crían que a sabedoría era unha fonte de beleza.

Ἦσαν αἱ πυραμίδες καλλίονες πολλῶν ἑλληνικῶν ἔργων.
As pirámides eran máis fermosas que moitos templos gregos.

Ἀδύνατόν ἐστι τὸν πονηρὸν ὄντα φίλους ἔχειν.
É imposible que o que é malvado teña amigos.

Οἱ Ἀθηναῖοι ὑπὲρ τῆς δημοκρατίας πολεμοῦντες τῆς Ἑλλάδος ἡγεμόνες γίγνονται.
Os atenienses, loitando pola democracia, chegan a ser (convértense en) xefes da Hélade.

Δεῖ τοὺς ὑπὲρ Φιλίππου λέγοντας μισεῖν.
É necesario odiar aos que falan en favor de Filipo.

Βούλομαι τὴν ἑταίρειαν ἐκείνων τῶν ἀνθρώπων διώκειν, ὧν αἱ ἀρεταὶ μεγάλαι εἰσίν.
Quero perseguir a compañía daqueles homes, cuias virtudes son grandes.

Οὐδεὶς γὰρ τῶν ἀνθρώπων νομίζει σοφὸν τὸν θεῶν ἀμελοῦντα.
En efecto, ningún home considera sabio ao que descuida aos deuses.

sábado, 15 de junio de 2013

TEXTO SELECTIVIDADE

O texto que caeu na selectividade era da obra "Ciropedia" (VII, 5,1,1) e xa caeu en setembro de 2008, cambiaron unha das preguntas. Do texto orixinal suprimiron unha liña, e iso ocasiona que a conxunción ἐπεί aparece dúas veces case seguidas. Polo demáis xa vos dixen que non era un texto difícil. Agora a esperar os resultados. SORTE A TODOS!

miércoles, 12 de junio de 2013

Textos Xenofonte

HELÉNICAS
Tebas pide axuda a Atenas
Os tebanos, axiña despois da batalla, enviaron a Atenas un mensaxeiro laureado, e ao mesmo tempo que anunciaban a magnitude da vitoria, pedían que os axudasen, alegando que agora era posible vingarse dos lacedemonios por todo o que lles fixeran.

ANÁBASIS
Xenofonte acompaña aos expedicionarios invitado por Próxeno
Había no exército un tal Xenofonte. que os acompañaba non por ser xeneral, capitán ou soldado, senón que Próxeno, que era antigo amigo seu, o animara a vir desde a patria; prometéralle que, se viña, o faría amigo de Ciro, a quen el mesmo dicía ter en máis consideración que a patria.

O mar, o mar
Desde ali avanzaron en catro etapas vinte parasangas cara a unha cidade grande, próspera e habitada que se chamaba Gimnias. Desde esa rexión o arconte envía aos gregos un guía, para que os leve a través da rexión inimiga. Despois de chegar, aquel di que os conducirá en cinco días ata un lugar desde onde verán o mar.
Chegan ao monte ao quinto día; o nome do monte era Teques. Cando os primeiros chegaron ao monte e divisaron o mar, produciuse un gran bullicio: "Mar, Mar".Entón todos correron.....

LEMBRANZAS
Sócrates sempre se deixou ver
Sócrates sempre estaba en un lugar visible. Pola mañá, en efecto, ía aos peripatos e ximnasios; e falaba........, e aos que quixesen éralles posible escoitalo.