Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν.



miércoles, 12 de junio de 2013

Textos Xenofonte

HELÉNICAS
Tebas pide axuda a Atenas
Os tebanos, axiña despois da batalla, enviaron a Atenas un mensaxeiro laureado, e ao mesmo tempo que anunciaban a magnitude da vitoria, pedían que os axudasen, alegando que agora era posible vingarse dos lacedemonios por todo o que lles fixeran.

ANÁBASIS
Xenofonte acompaña aos expedicionarios invitado por Próxeno
Había no exército un tal Xenofonte. que os acompañaba non por ser xeneral, capitán ou soldado, senón que Próxeno, que era antigo amigo seu, o animara a vir desde a patria; prometéralle que, se viña, o faría amigo de Ciro, a quen el mesmo dicía ter en máis consideración que a patria.

O mar, o mar
Desde ali avanzaron en catro etapas vinte parasangas cara a unha cidade grande, próspera e habitada que se chamaba Gimnias. Desde esa rexión o arconte envía aos gregos un guía, para que os leve a través da rexión inimiga. Despois de chegar, aquel di que os conducirá en cinco días ata un lugar desde onde verán o mar.
Chegan ao monte ao quinto día; o nome do monte era Teques. Cando os primeiros chegaron ao monte e divisaron o mar, produciuse un gran bullicio: "Mar, Mar".Entón todos correron.....

LEMBRANZAS
Sócrates sempre se deixou ver
Sócrates sempre estaba en un lugar visible. Pola mañá, en efecto, ía aos peripatos e ximnasios; e falaba........, e aos que quixesen éralles posible escoitalo.

2 comentarios:

diego dijo...

Profe en selectividad cayó el examen de pau septiembre 2008, Ciro ante Babilonia. Pero me podrías decir xk en el examen corregido que tengo pone que empieza cuando Ciro estuvo ante Babilonia y yo puse puesto que Ciro estaba cerca de Babilonia pero esq el verbo eimi estaba en imperfecto x eso puse estaba va mal?

Matilde De Cal dijo...

A conxunción ἐπεί pode ter valor temporal "cando" ou causal "porque", neste texto vai mellor o valor temporal. En canto ao imperfecto ἦν pódese traducir "estaba" ou "estuvo" xa que o verbo εἰμί non ten aoristo. Eu creo que van dar por boa a túa tradución, así que TRANQUILO!