Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν.



martes, 11 de marzo de 2014

Episodios principais na relación entre gregos e persas.

1) A extensión do imperio persa ata o mar Exeo no século VI a.C. é dominio sobre algunhas cidades gregas que, encabezadas por Mileto, se rebelan e son castigadas. A reacción e resistencia de Atenas, Esparta e outras cidades provoca as chamadas Guerras Médicas, con derrota dos persas en Maratón (490 a.C.), derrota dos espartanos e outros gregos nas Termópilas (480 a.C.), pero victorias definitivas dos atenienses na batalla naval de Salamina (480 a.C.), dos espartanos en Platea (479 a.C.) e dos atenienses e outros en Micala (479). Destas Guerras Médicas temos relato detallado na Historia de Heródoto.
2) Na Anábase de Xenofonte cóntasenos a historia dos mercenarios gregos que axudaban ó persa Ciro o Novo na loita contra o seu irmán o rei Artaxerxe II. A derrota e morte de Ciro na batalla de Cunaxa (401 a.C.), preto de Babilonia, provoca que os gregos teñan unha accidentada retirada ata chegar, en marzo do 400 a.C., ó mar Negro (Trapezunte). Aínda que sempre se fala da “Anábase dos dez mil”, en realidade eran trece mil os mercenarios gregos e regresaron vivos más de oito mil.

3) O último gran episodio nos encontros de gregos e persas é a expedición militar de Alexandre Magno, que entre os anos 334 e 325 a.C. derrota en varias batallas, en especial a de Gaugamela (Mesopotamia, 331 a.C.), ó rei Darío III e a varios dos seus sátrapas e chega nas súas conquistas ata o val e delta do río Indo. Con Alexandre, morto no 323 a.C., ábrese o chamado Helenismo, expansión da lingua e cultura gregas a toda Asia Menor e Oriente Próximo e Medio, coas cidades de Alexandría (fundación de Alexandre, 332 a.C.) en Exipto, Pérgamo en Asia Menor e Damasco en Siria como capitais dos reinos chamados dos Diádocos ou sucesores de Alexandre.

[páxina da CIUGA]

No hay comentarios: