Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν.



martes, 2 de marzo de 2021

O MAR, O MAR

O texto que imos ler pertence á obra "A Anábase", na que o historiador grego Xenofonte nos conta a expedición militar de Ciro contra o seu irmán o rei de Persia Artaxerxes, e o posterior intento de retorno á patria dos mercenarios gregos que se uniran a dita expedición, tras a derrota e morte do mesmo Ciro na batalla de Cunaxa en Babilonia. 

O párrafo elixido sitúase no retorno destes mercenarios gregos que, tras unha travesía de meses polas terras inhóspitas de Mesopotamia e Armenia, se emocionan e berran de ledicia ao ver o mar.

Desde este lugar percorreron en catro etapas vinte parasangas, ata unha cidade grande, próspera e habitada, que se chamaba Gimnias. De esta cidade, o gobernador do territorio envía un guía aos gregos para que os conduza a través do territorio inimigo. Cando aquel chega dilles que os conducirá en cinco días a un lugar desde onde verán o mar. E chegan á montaña o quinto día. O nome da montaña era Teques.

Cando os primeiros acadaron o cumio, produciuse un gran griterío. Ao escoitalo os que ían mais rezagados creron que outros inimigos os atacaban de fronte. Pero, dado que o griterío se facía mais grande e mais cercano, e que os que avanzaban se dirixían á carreira ao encontro dos que berraban e que os berros eran maiores a medida que aumentaba o número de xente, pareceúlle a Xenofonte que se trataba de algo mais importante.

Montou a cabalo e axiña puido escoitar aos soldados que berraban: “MAR, MAR”. Enton todos correron, mesmo os soldados da retagarda. As acémilas e os cabalos eran azuzados tamén. Cando todos chegaron á cima se abrazaban os uns aos outros, todos chorando.

Este texto, que traducimos os alumnos de Grego de 2º de Bacharelato para a semana cultural, pon de manifesto a importancia que tiña o mar para os gregos. Emociona comprobar a ledicia que experimentan cando por fin, tras largos meses de penalidades, chegan ao mar, pois agora sí xa están en casa.

No hay comentarios: