Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν.



viernes, 10 de febrero de 2012

CORRECCIÓNS ATRASADAS PARA 1º

páxina 97 (2b)
"Ela ten pouca liberdade": Αὐτῇ ὀλίγη ἐλευθερία ἐστίν.
páxina 111 (2)
῾Υμῖν χαλεπὸς βίος ἐστίν.
Οἱ Ἀθηναῖοι ποιοῦσι καλοὺς καὶ ἀγαθούς τοὺς νεανίας .
῾Υμεῖς μὲν τὴν ἀλήθειαν ἐμοὶ λέγετε, ἐγὼ δ᾿ αὐτὴν οὐκ ἀκούω.
Παρὰ τῇ οἰκίᾳ σοῦ (σοί) ἡ ἀγορά ἦν.
Χρὴ τὴν τῶν πονηρῶν φιλίαν φεύγειν.
Οὗτοι ὁ ἄνθρωποι ἐθέλει τοὺς ἵππους μου (μοι) εἰς τὸν ποταμὸν φέρειν.

páxina 112 (5d-e-h-i-l-m-n-o)


d. Eu quero coñecer a ese.
e. O tesouro de Príamo está baixo terra.
h. Ti e mais eu eramos expertos e sabios.
i. O señor ordena facer iso.
l. A guerra fai a uns escravos e a outros libres.
m.Non nos é posíbel ter inimigos.
n. Non o coñezo; certamente chámanlle Meleto.
o. Eu non só digo sempre as mesmas cousas, senón tamén acerca do mesmo. Pero ti xamais
dis as mesmas cousas acerca do mesmo.


Autoavaliación páx. 113
2) dat. masc. sing. de ὁ ποιητής, ποιητοῦ
acus. fem. pl. de ἡ ἀρχή, ἀρχῆς
nom. fem. pl. de ἡ θεά, θεᾶς
xen. masc. pl. de ὁ χρόνος, χρόνου
acus. masc. sing. de ὁ λόγος, λόγου
dat. fem. pl. de ἡ ἁμίλλα, ἁμίλλης
acus. fem. pl. de ἡ ἄμπελος, ἀμπέλου
nom-acus. n. pl. de τὸ παιδίον, παιδίου
3) 3ª pl. plusc. ind. act. de κινδυνεύω

1ª pl. pres. ind. act. de βλέπω
1ª sing. ou 3ª pl. imperf. ind. act. de γιγνώσκω

3ª sing. aor. ind. act. de θεραπεύω
2ª sing. perf. ind. act. de βουλεύω
2ª pl. fut. ind. act. de πολιτεύω
3ª pl. pres. act. de εἰμί
4) Ἡ εἰρήνη τήνδε τὴν χώραν καλὴν ποιεῖ. 
5) Heliocéntrico, Heliodoro, helioscopio, heliófobo, heliótropo.
Parámetro, parafrasear, parágrafo, parónimo.
Naumaquia, logomaquia, tauromaquia, Xigantomaquia.
Isotérmico, isomorfo, isoglosa, isótopo, isóbara.
Epicentro, epiderme, epidemia, epílogo, epígrafe.
Acústica, acúmetro, hiperacusia, disacusia.
6) a. Eu non son culpábel, senón Zeus.
b. Os sofistas ensinan aos discípulos astronomía e xeometría.
c. En defensa da lei eu teño corrido moitos perigos.
d. Os atenienses navegaron cara a aqueles lugares.
e. Protágoras vaite facer (fará) sabio.
f. Aqueles chamaban ao sol ollo do ceo.
g. Nas casas fermosas hai fermosos tesouros.
h. Creo que son sempre o voso amigo e aliado.
i. Ese ordena facer iso.
k. Filipo non só vos agravia a vós, senón tamén a nós.
7)
Ο Eros de Sta. Mª de Mugares (Toén, Ourense) aparece como neno, con ollos vendados así
como con arco e frecha, que é a forma máis usual de representalo. Simboliza que o amor é
argalleiro, cego e fire.
8)
Polifemo: ciclope fillo de Poseidón, que tiña un só ollo no medio da fronte.Cóntanos Homero
na Odisea que foi cegado por Ulises e os seus homes cunha estaca candente.
Proteo: pastor que coidaba os rabaños de focas de Poseidón, e que tiña a facultade de metamorfosearse en calquera cousa
Escila: monstro mariño da Odisea con forma de muller, que na súa parte inferior estaba rodeado de seis cans que devoraban todo canto se lles acercaba. (Cf. outra descrición, na unidade 2, páx.35, exerc.7)
Tritón: fillo de Poseidón e Anfítrite que tiña a parte superior do corpo de home e a inferior de peixe de longa cola.
9) A columna de madeira pintada, con fuste máis estreito na base e cun capitel que será o precursor do estilo dórico. Destacou tamén na pintura (frescos dos palacios), na escultura, na cerámica, no comercio, na industria, no traballo de metais preciosos...

10)Ao morrer, o cadáver exponse envolto nun sudario (en Galiza normalmente con traxe), cos pés cara á porta da casa, con un recipiente de auga aos pés, para que sexa honrado polos parentes e veciños, e un óbolo na boca (en Galiza -Muxía- rexistráronse casos no s.XVI). Ao día seguinte, acompañado dos parentes e veciños así como das pranxideiras (en Galiza agora xa é dificil ver as pranxideiras), lévase a ombros (hoxe en día normalmente en coche fúnebre) para ser sepultado. Ofrécenselle vasos ás veces con aceite, e outros obxectos persoais (en Galiza, flores e lámpadas de aceite ou de cera). As tumbas tamén eran bastante semellantes, e escribíanse epitafios (en Grecia en 1ª persoa, en Galiza en 3ª).

11)Afrodita, Atenea e Hera.
12)Hera, Atenea e Poseidón interveñen no bando aqueo, Afrodita, Ares e Apolo no bando troiano. Zeus atópase no medio, en parte debido ao xuramento que lle fai a Tetis de vingar a Aquiles (canto I da Ilíada).
13)Aínda que non era un arqueólogo profesional, descubriu Troia e Micenas, e puxo de moda no mundo enteiro a cultura grega.

No hay comentarios: