Odiseo regresa a Eea e queima o cadáver de Elpénor. Circe explícalle entón os perigos que deberá enfrontar no que resta de viaxe:
- Primeiro pasarán xunto ás ….........., mulleres con corpo de paxaro que posúen un canto irresistible ao que ningún home pode escapar. Pero este canto arrastra as embarcacións á costa e escáchaas. Para evitar as........., Circe aconsella que tape as orellas dos seus compañeiros con …...., e el se faga amarrar ao mastro para poder escoitalas sen ser arrastrado. Seguindo estes consellos, saen ilesos.
- A continuación chegarán a un estreito que ten un monstro a cada lado. Odiseo deberá elixir entre …........ que posúe seis cabezas de can, e ….......... que é un remuíño que traga todo o que se pon o seu alcance. O heroe decide pasar preto de …......., que devora a seis dos seus homes.
- O seguinte lugar será a illa Trinacia, onde están as vacas de …......., que non deben tocar baixo ningún concepto. Pero os alimentos escasean e os homes de Odiseo deciden sacrificar as vacas para non morrer de fame. …......... pide vinganza aos deuses e por iso, cando de novo parten, unha tormenta achega a nave a ….......... que absorbe o barco. Tan só se salva Odiseo quen, agarrado a un madeiro, chega á illa Ogigia, onde habita a ninfa …..........
No hay comentarios:
Publicar un comentario