Farta xa de tanta lei de educación (desde 1970 levamos 7 leis de educación), e de que as chamadas humanidades ou letras (nunca entenderéi estes nomes) saian sempre mal paradas, comezo a preguntarme se de verdade debo explicar a ninguén para qué serve o grego. Ultimamente ando a recopilar frases de xente intelixente (da xente mediocre comezo tamén a estar farta). Pois ben, segundo unha cita atribuída a Einstein, o famoso científico dixo:
How can any educated person stay away from the Greeks? I have always been far more interested in them than in science.
¿Cómo pode afastarse dos gregos unha persoa culta? De sempre interesáronme moito máis os gregos que a ciencia.
Vaso dos guerreiros (ca. s. XII a.C.)
Sirva este enlace, por se alguén aínda quere saber se é que en verdade non serve para nada e estámosvos tomando o pelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario