Os
alumnos de 3º de ESO e 4º de ESO de Cultura Clásica, e os alumnos de 1º e 2º de
Bacharelato da materia de Grego realizarán unha saída cultural a Lugo o día 4
de marzo de 2013. O obxectivo é estudar as pegadas da romanización en Galicia -destacando
este ano o estudo de monumentos patrimoniais para a Semana Cultural de abril-, e
asistir á representación dunha traxedia e unha comedia grega. Estas actividades
están incluídas no currículo da materia e foron
aprobadas polo Consello Escolar e o Claustro de profesores.
O desprazamento será
en autocar, compartido co Instituto Masculino. Os alumnos irán acompañados por
dúas profesoras: Begoña Carballido de
Relixión Católica, e Matilde De Cal de Cultura Clásica e Grego.
Os alumnos abonaron
os 10 euros que costa a entrada ao teatro (5 euros por cada obra) e recibiron
un exemplar de cada obra. O autobús corre a cargo do Instituto.
A saída está
prevista para as 8.30 da mañá e a volta para as 20 da tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario