Tendo
como guía principal o “Edipo Rei” de Sófocles podemos
considerar que Edipo é un exemplo do home
que cae nunha rede de desgrazas das que é suxeito
activo, pero involuntario ou inconsciente: mata
o seu pai, casa coa súa nai e, cando en castigo destes
crimes a desgraza e a peste caen sobre Tebas, Edipo
é o rei bo e xusto que vai descubrir que el é o
culpable de todo. Edipo castígase coa cegueira e co
desterro. O contraste brutal entre Edipo rei xusto e
sabio e Edipo caído na desgraza fai que o Coro remate
a traxedia coa reflexión de que non se pode ter por feliz ningún mortal ata que acabe a súa vida
"Resposta dos exames da selectividade" publicada na páxina da CIUG
No hay comentarios:
Publicar un comentario