Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν.



jueves, 30 de enero de 2014

control verbo

ἐπύθετο
παῦσαι
γενοίμεθα
συνῆλθε
ἐξείη
μετεῖπον
ἐξέφυγε
ἥκωσι
ὑπώπτευες
ἐνέβαλλον

miércoles, 29 de enero de 2014

lista 7

ποιήσασθαι
δουλεύοντας
κατέμαθον
ἐγενόμην  
παρών
ἐσόμεθα
προῆλθον
ἰέναι
ἔφασαν
παυσάμενοι

jueves, 23 de enero de 2014

Frases sobre A PAZ

Como a semana que vén celebramos no centro A SEMANA DA PAZ, pensei que a mellor forma de celebralo nós era traducindo unhas frases, coas cuestións vistas nas últimas clases, e a palabra PAZ. Aí van, espero que vos gusten.

1) Τὴν εἰρήνην τοὺς Λακεδαιμονίους αἰτοῦσιν οἱ ᾿Αθηναῖοι.
2) Ἡ εἰρήνη ποιήσει ἡμᾶς ἀρίστους.
3) Οὗτος ὁ ἄνθρωπος τὴν εἰρήνην θησαυρόν ἐνόμιζεν.
4) Ὁ μὲν πόλεμος κακός, ἡ δ᾿ εἰρήνη καλή.
5) Ἐν τοῖς λόγοις τούτων τῶν ἀνθρώπων ἦν εἰρήνη.
6) ῾Ο πόλεμος αὐτοὺς πονηροὺς πεποίηκε.
7) Ἐν τῇ εἰρήνῃ οἱ ποιηταὶ τοὺς ἀνθρώπους τὴν ἀρητὴν ἐδίδασκον.
8) Οἱ μὲν τὴν εἰρήνην θέλουσιν, οἱ δὲ τὸν πόλεμον.

Tamén estas de tradución inversa:

A guerra fai mala a vida dos cidadáns.
Vós non queredes a guerra, senón a paz.

Lista 3

κεκελεύκασι 
λέγομεν 
ἐγίγνωσκες 
ἐβούλευσαν 
ἐπεπολιτεύκει 
κινδυνεύσετε

martes, 21 de enero de 2014

Lista 2

Analiza morfolóxicamente (persona, nº, tempo, modo, voz e enunciado) e logo traduce as seguintes formas verbais:
ἐκεκινδυνεύκεσαν
βλέπομεν
ἐγίγνωσκον
ἐθεράπευσε
βεβούλευκας
πολιτεύσετε
εἰσίν

PRÁCTICA DE DEMOSTRATIVOS, PERSOAIS e αὐτός, αὐτή, αὐτό

Analizar e traducir as seguintes frases, poñendo especial atención aos pronomes e determinantes vistos.

1.-Ταῦτα θαυμάζω ἐν τῷ ἀνθρώπῳ.
2.-Οὐκ ἐγώ σε ἀποκτείνω, ἀλλ᾿ ὁ τῆς πόλεως νόμος.
3.-Πρωτεὺς οὐκ ἦν ἀεὶ ἐν τῇ αὐτῇ μορφῇ.
4.-Τὴν μὲν ἀλήθειαν ὑμῖν λέγω, ὑμεῖς δ᾿ ἐμοῦ οὐκ ἀκούετε.
5.-Ὅδε ὁ βίος σκιᾶς πάροδός ἐστιν.
6.-Αὐτὸς ὁ στρατηγὸς αὐτοὺς εἰς τὴν Τροίαν ἄγει.
7.-Ἐν τούτῳ τῷ τόπῳ ἦν ἡ γῆ πεδίον.
8.-Θαυμάζομεν τὴν ἀνδρείαν τοῦ Λεονίδου καὶ τῶν στρατιωτῶν αὐτοῦ.

Vocabulario
πόλεως: xenitivo singular de ἡ πόλις, πόλεως= cidade
ὁ Πρωτεύς = Proteo (pastor de focas de Poseidón)
ἡ Τροία = Troia (cidade situada na entrada do Helesponto)
ὁ Λεονίδας, Λεονίδου = Leónidas (xeneral espartano do s. V a.C)

Liñas xerais do argumento e espírito d´A Ilíada

Kílix de figuras vermellas, c. 500 a. C., Staatliche Museen (Berlín).
Aquiles entra en cólera e retírase da loita polo agravio inferido por Agamenón quen, tras devolver Criseida ao sacerdote Crises para aplacar a Apolo, lle quita a súa recompensa (γῆρας), a escrava Briseida. A retirada de Aquiles provoca a petición de Tetis a Zeus para que vengue o ultraxe. Desde entón os aqueos comezan a ser acurralados polos troianos ata que chegan a incendiar as naves. Nesta situación, Patroclo sae a loitar coas armas de Aquiles, pero morre a mans de Héctor. A desesperación de Aquiles ao coñecer a noticia vólveo cruel e vingativo. Sae a loitar, depoñendo a súa cólera, coa soa intención de vingar ao amigo morto. Enfróntase con Héctor, a quen mata, e ultraxa o seu corpo. No último canto, Príamo cruza o campo de batalla e chega ante o asasino do seu fillo, de quen logra finalmente que lle devolva o cadáver.
A Ilíada de Homero preséntanos un mundo aristocrático, cunha xerarquía similar á da sociedade micénica: soberano (wanax), basileis e destacados no combate. Estes nobres gustan da guerra que lles proporciona gloria e fama imperecedera (κλέος καὶ δόξα). Buscan a excelencia (ἀρετή) "ser sempre o mellor e estar por riba dos demais" αἰὲν ἀριστεύειν καὶ ὑπείροχον ἔμμεναι ἄλλων, segundo palabras de Néstor. Valoran tamén a elocuencia na asemblea, a familia, a amizade e a hospitalidade, a camaradería no banquete: o noble afianzaba o seu poder establecendo relacions en actos festivos, nos que se cantaban poemas épicos, como os de Homero. Necesitan evitar toda acción ou omisión que poida producir vergonza ou censura social (cf. Héctor), pero teñen pouco ou ningún control dos afectos e das pasions, e o caso máis destacado é o de Aquiles e a súa cólera. As accións do home homérico están supeditadas á vontade dos deuses, que se mesturan con eles no combate dirixíndoo ao seu arbitrio.