
A Ilíada de Homero preséntanos un mundo aristocrático, cunha xerarquía similar á da sociedade micénica: soberano (wanax), basileis e destacados no combate. Estes nobres gustan da guerra que lles proporciona gloria e fama imperecedera (κλέος καὶ δόξα). Buscan a excelencia (ἀρετή) "ser sempre o mellor e estar por riba dos demais" αἰὲν ἀριστεύειν καὶ ὑπείροχον ἔμμεναι ἄλλων, segundo palabras de Néstor. Valoran tamén a elocuencia na asemblea, a familia, a amizade e a hospitalidade, a camaradería no banquete: o noble afianzaba o seu poder establecendo relacions en actos festivos, nos que se cantaban poemas épicos, como os de Homero. Necesitan evitar toda acción ou omisión que poida producir vergonza ou censura social (cf. Héctor), pero teñen pouco ou ningún control dos afectos e das pasions, e o caso máis destacado é o de Aquiles e a súa cólera. As accións do home homérico están supeditadas á vontade dos deuses, que se mesturan con eles no combate dirixíndoo ao seu arbitrio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario