Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν.



martes, 17 de septiembre de 2013

Hoxe falamos dos deuses gregos. Aqui tedes a relación dos 13 deuses olímpicos gregos co seu correspondente nome latino entre paréntese para que vos sirva de repaso:

ZEUS (XÚPITER)
HERA (XUNO)
POSEIDÓN (NEPTUNO)
HADES (PLUTÓN)
ATENEA (MINERVA)
APOLO (APOLO)
ÁRTEMIS (DIANA)
AFRODITA (VENUS)
HEFESTO (VULCANO)
ARES (MARTE)
HERMES (MERCURIO)
DIONISO (BACO)
DEMÉTER (CERES)




Tamén falamos do texto do profesor Lane, no que se incide en que a Grecia antiga foi unha sociedade libre pola ausencia dunha casta sacerdotal, e a existencia dunha democracia participativa (fronte a democracia moderna representativa). Pero faltou comentar o feito de que os gregos se preguntasen máis o por qué das cousas que o cómo ou cándo, así como que para eles o home era a medida de todas as cousas. Pois ben, sobre isto deixo estas frases:
"Se hai unha palabra que defina a cultura grega esa é ἄνθρωπος"
O sofista Protágoras dixo "πάντων χρημάτων μέτρον ἐστὶν ἄνθρωπος"

No hay comentarios: