Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν.



martes, 8 de mayo de 2012

A asemblea de mulleres (comentario)

  1. Contexto histórico da obra:
principios do s. IV a.C. (estrenouse no ano 392 a.C.) en plena decadencia económica de Atenas tras a derrota na Guerra do Peloponeso, a tiranía dos Trinta tiranos, a posterior restauración da democracia e a reconstrución dos muros.

2. Tema central:

crítica do momento que vive a cidade, pero non en nome do pasado, senón dun mundo utópico fantástico que non pode existir, basado en tres piares:
  • xinecocracia: o poder pasa ás mulleres, que en esta época estaban privadas de dereitos políticos, de presencia social e de capacidade para intervir en actividades económicas. Por iso, para o espectador ateniense desta época a xinecocracia é pura fantasía cómica, puro disparate utópico. As mulleres van a mandar como mulleres, como amas de casa. Polo tanto non hai masculinización das mulleres senón feminización do poder. A lección implícita é que agora que Atenas está arruinada e sen imperio acabouse a política (que é cousa de homes) e imponse a economía (οἰκονομία)
  • comunismo: propiedades, terra, alimentación, modo de vida...todo será común. O comunismo quere acabar coa pobreza e a desigualdade que alimentan o resentimento, a delincuencia e os usos perversos e demagóxicos da lei que están na orixe da crise da cidade democrática.
    Esta revolución económica é consecuencia da xinecocracia; agora que o poder político pasou ás mulleres, a administración da cidade equipárase á dunha casa.. Toda a cidade é un inmenso fogar e a oposición vida pública – vida privada queda abolida porque a vida privada o ocupa todo. Por iso a ágora acaba convertida nunha inmensa despensa, chea de menaxe de cociña que Cremes transporta ata alí en unha “procesión” que reproduce dunha forma paródica a procesión das Panateneas.
  • comunismo sexual: o comunismo sexual é consecuencia natural do comunismo de bens; o libre acceso ao sexo trata de evitar a picaresca de cidadans remisos a entregar seus bens ao fondo común para conservar uns recursos cos que obter as mulleres máis novas e desexables. O matrimonio tradicional, que regula a transmisión de propiedades a un herdeiro e a situación económica da muller, xa non ten sentido nunha sociedade comunista. Todos os cidadans participan por igual da cidade, todos van ter igual cantidade de riquezas e propiedades, todos deben ter igual satisfacción sexual. Xa non son os homes maduros os que van a disfrutar da muller nova como obxecto sexual. O suxeito activo son agora as mulleres, canto máis vellas e feas mellor, e a vítima do comunismo sexual é un chico novo que só quere encontrarse coa súa nova amante.
 3. Desenlace:

as promesas de Praxágora ao final quedan en nada. A imaxe dun mundo sen idio nin rivalidade, sen ladróns, sen deudas nin embargos, en que TODO É DE TODOS, acaba con dúas vellas pelexando por un mozo ao que consideran da súa propiedade e ao que están dispostas a arrastrar a risco de despezalo.


No hay comentarios: